Pero na Gran Guerra todo isto vai cambiar: frente a loita nun espazo aberto van a xurdir ó longo de toda a fronte unha serie de zanxas sucesivas, as trincheiras, que defenderán as posicións propias e que terán en fronte outra serie de trincheiras do bando inimigo. Os avances non se producen ou son imperceptibles. O uq eun exercito conquista un día , a costa de moitas mortes o perderá na semá vindeira tamén cunha gran perda de soldados.
Na seguinte escena, tamén dunha película do mesmo director que da anterior, Stanley Kubrick, veremos a preparación dun ataque durante a guerra das trincheiras e como este se vai producir.
A preparación é sempre a mesma: intenso ataque da artillería propia intentando debilitar as defensas inimigas para facilitar o ataque da infantería propia. A continuación os soldados saen das trincheiras e avanzarán na chamada terra de naide ata as trincheiras inimigas, se é que chegan ata alí... Esta terra de naide está chea de restos das batallas anteriores : profundos crtáteres provocados polos bombardeos, restos de material perdido nesas batallas, e ... probablemente abondosos restos humanos de todos os que morreron anteriormente e cuios corpos non poideron ser recuperados.
Nesta escena pertencente á película "Sendeiros de Gloria" podemos observar nos dous primeiros minutos ós soldados franceses preparados para sair da trincheira nun ataque especialmente dificil. Moitos deles morrerán e o saben. Teñen medo. O oficial que os manda, pasa revista. Observade que este desfile do oficial faise mediante un rápido travelling, ou sexa que a cámara que roda a escena se move nuns raís como os do tren, simulando nalgúns momentos o que é o andar do oficial (cámara subxectiva).
Ós dous minutos comeza o ataque. Os soldados saen e recibin durante todo o seu avance os disparos dende as posicións inimigas, caendo por suposto moitos deles. Terán que sortear os socavóns, o fango, os arames de espiños,... ata poder chegar xunto os soldados alemáns. Se teñen éxito no ataque (que non é o caso da película) descansarán durante uns días ata que os alemáns intenten recuperara a posición perdida, e ademáis poderán recoller a todos os feridos que foron caendo durante o ataque. Se a batalla non ten éxito todos esos ferido que non poidan regresar polos seus propios pes sufrirán unha lenta e terrible agonía nesa terra de naide.
No hay comentarios:
Publicar un comentario